Os Danzantes de Lamas baixo a carpa

Os Danzantes de Lamas baixo a carpa

As festas de Lamas pasadas por auga, os Danzantes non defraudaron.

Como cada primeiro domingo de Maio, Lamas volveu celebrar as súas festas na honra a Santa Cruz e a Virxe Dolorosa. Este ano a procesión non puido sair por mor da choiva, pero iso non foi impedimento para os Danzantes, xa que, como cada ano dende 1982 (cando se recuperou a tradición), voltaron cos seus bailes medievais. 

1

Desta vez danzaron baixo a carpa instalada pola comisión na praza do pobo e acompañados pola Agrupación musical da Limia, baixo as ordes de José Luis Tielas Santiago.

2

A tradición mezcla o relixioso co pagán, na celebración da chegada da luz (a primaveira), ainda que hoxe a luz escaseaba. Os oito danzantes, cos traxes típicos, deron o mellor de si mesmos, facendo rir e emocionado os veciños, veciñas e visitantes que se acercaron ata alí para ver estas danzas e disfrutar das festas.

6

8

Os Danzantes, levaban o traxe tradicional que consiste nunha coroa de flores de cor vermello, azul e branco, calzons brancos ata os xeonllos, unha saia vermella, medias negras, camisa branca, gravata e zapatos negros. Catro deles levan unha banda azul e os outros catro unha vermella , para distinguir a os oito que forman o grupo. 

11

5

10

12

19

16

3

17

9

4

7

15

18

13

14