Seguen os éxitos dos equipos do A.B. Xinzo, neste caso as féminas

Equipos infantil 2010 e preminis
Seguen os éxitos dos equipos do A.B. Xinzo, neste caso as féminas

 As Infantís 2010 e as Premini CAMPIOAS da liga 23/24

 Este fin de semana foi outro dos fins de semana en que nun partido te xogas o ser ou non ser da tempada.

 INFANTÍS 2010

O equipo feminino de infantil 2010 o sábado xogouse o paso a final ante as chicas do Carmelitas gañando o partido con un contundente 43-82. Esta vitoria deulle o paso hoxe a xogar a final da liga regular ante o eterno rival de Allariz. O resultado final de 57-61 deu sinais  de como foi o partido de disputado. As de Xinzo gañaron dous dos 4  cuartos e empataron o último, traendo para Xinzo as medallas de campioas. Todo isto, tamén hai que dicilo, gracias ao apoio das gradas nas que se atopaban máis de 200 seguidores limiás, que en ningún momento deixaron de animar as xogadoras do A.B. Xinzo.

44ed2082 4d83 4c79 b43e 936f1a647f1f


PRE MINI

As compoñentes femininas pre mini tamén conseguiron ser campioas de liga, recibindo as súas medallas esta tarde en Allariz.

De momento de 4 finais disputadas por equipos do A.B. Xinzo o resultado son dous segundos postos e dous primeiros. O balanzo, non pode ser máis esperanzador de cara o futuro.

 

OS SÉNIOR PARECE QUE ENDEREITAN O RUMBO

Este fin de semana o equipo sénior tamén se alzou coa vitoria no seu partido disputado na casa contra o club santo domingo de Betanzos con un contundente 87-52