Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás

Visita ao Centro de Interpretación da Lagoa de Antela en Sandiás
 Preto de 20 alumnos e alumnas do Colexio Plurilingüe Salesianos Ourense 

O  pasado venres 3 de abril o Centro de Interpretación da Lagoa de Antela e o patrimonio xeolóxico, etnográfico e ornitolóxico do humidal artificial das Areeiras de Sandiás. Acompañados por Quique (docente de Bioloxía e Xeoloxía e coordinador do programa ambiental NaturezAula) levouse a cabo este roteiro didáctico ambiental. O Seminario de Xeografía e Historia e o Seminario de Ciencias Experimentais traballaron xuntos para a organización da actividade interdisciplinar que combina á perfección natureza e patrimonio.

A visita guiada na Casa da Lagoa e nas Areeiras de Sandiás foi intensa e tivo unha duración de catro horas. A visita guiada levouna a cabo Alex de los Ríos, guía especializado en historia con ampla experiencia didáctica e Pepe Gándara, profesor do centro e coordinador da “Casa da Lagoa”.

↗️ Visita a Exposición Permanente do Centro de Interpretación da Lagoa de Antela

A visita deu comezo visionando un audiovisual sobre diversos aspectos do humidal natural da Lagoa o humidal artificial das Areeiras e o patrimonio etnográfico do Concello de Sandiás. A continuación percorremos varias salas da planta baixa e alta.

Fíxose referencia a Lagoa en xeral e as súas dimensións, análise de varias fotografías históricas, o uso das barcas e os proxectos de desecación. Tamén a Xeografía mítica ( os espazos e habitantes imaxinarios da Lagoa de Antela. Fíxose rápida referencia a diversas lendas e contos como o referido a Cidade de Antioquía). Despois de breves referencias ao folclkore, a etnografía e as economías perdidas da lagoa (comercio de ras, samesugas, ovos, peixes), por último tratáronse aspectos de Xeografía Cultural aplicados a Lagoa de Antela, facendo unha reflexión xeral sobre toponimia e pondo exemplos concretos de toponimia maior e menor da zona. Na planta alta repasouse con detalle a fauna e flora típica da Lagoa de Antela.

↗️Visita “in situ” dunha areeira. Patrimonio xeolóxico-minerio e sistemas de explotación

Visitouse unha das areeiras en explotación e baixo a guía de Salvador Blanco , recibiron información precisa do sistema e proceso de explotación da areeira. Houbo referencias a xeomorfoloxía e o corte estratigráfico da zona das areeiras, o sistema de explotación industrial e tamén sobre a fase de abandono e restauración ambiental. Na mesma areeira poidemos observar nun dos noiros verticais unha colonia de Andauriña das Barreiras (Riparia riparia).

Visitaron o observatorio ornitolóxico 2 (Casa dos Terróns), exempo de arquitectura tradicional sustentabel en terra. Poidemos observar cegoñas e Anduriñas das Barreiras e facer pequenas observacións ornitolóxicas aínda que o tempo de friaxe e inestable non acompañou. Quedou por ver o observatorio 1 (reproducción dun Palafito).

↗️Volta o Centro de Interpretación e presentación da transformación da paisaxe da Lagoa, análise da cartografía e presentación dos proxectos de restauración ambiental que se están levando a cabo, especialmente pola Sociedade Galega de Historia Natural (Sghn)

Tratouse a xeografía física e humana da Lagoa (formas de relevo, factores antrópicos como as pegadas do ser humano na zona coa ocupación do espazo e o proceso de desecación e concentración parcelaria), cartografía do Complexo Húmido Antela-Limia e tamén aspectos de xeografía cultural (topónimos ou chamadoiros da Lagoa). Así mesmo, presentáronse con detalle os proxectos da “Poza dos Arieiros” e “Poza das Conícoras” no humidal artificial das Areeiras e o Proxecto no humidal natural da Lagoa de Antela, concretamente na Veiga de Vilaseca, denominado “Antonio Vilariño.

Cecais nun futuro próximo estas pezas dispersas ou como alguén lle chamou “o minifundismo da auga”, poidan volver configurar un novo humidal artificial herdeiro do xa mítico sistema lagunar natural denominado lago Beón.

Moi satisfeitos quedamos na Casa da Lagoa  e moitas grazas pola vosa visita esperando que fose de proveito. Esperamos que veñades noutras ocasións, pois o que nos ten que contar a Lagoa de Antela da para moito máis.