O salón de plenos encheuse de xamóns de Coren

O salón de plenos encheuse de xamóns de Coren

 Sorteáronse os 10 correspondentes a PROLIMIA pola campaña do día da NAI

 As normas estaban claras, unhas mans inocentes sacaban cada tícket de venda ata 10. Unha das persoas da directiva chamaba por telefono dende o lugar. A persoa, tiña que contestar. Varias persoas agraciadas deron teléfonos fora de cobertura, co que había que sacar outra papeleta.

As contestacións de todos se escoitaban no salón e a maioría, de3spois da sorpresa contestaban: É a primeira vez que me toca algo”, e así ata 10 chamadas.

20240506 205534

Público asistente  ao sorteo

A sorpresa foi cando a responsable chamou ao teléfono da papeleta escollida polos rapaces e o timbre da chamada soou dentro do salón. O xamón foi recollido no instante.

Os agraciados foron os seguintes:

Mª Dolores que comprou en Todo 100; Juan Manuel, Dio e Carlos Fdz, que mercaron en BarxeSport. Olga e Noelia fixeron a súa compra en Miss-Tic. Outras das agraciadas foron Eva López e Rocío que mercaron en Gilmo así como Carmen Carrera que o fixo en Multiopticas e Josefa Dacuña en Atleet.