Play off galego para as Preminis e as Infantis do AB Xinzo
As Preminis xogaran a Fase Galega e as Infantis loitaran por un posto na Fase de Ascenso
Esta fin de semana da comezo a Fase Galega Premini.
As Preminis xogaran en tres fases, a primeira o día 11 en Porriño, a segunda o día 19 en Xinzo e a terceira e última fase o día 25 en Maside. En cada fase xogaranse duas xornadas, un partido pola mañá e outro pola tarde. Enfrentaranse a xogadoras da Compañía de María (Vigo), o Porriño Basket Club e o Club Baloncesto Maside. Os equipos mellor clasificados pasarán a fase final que se xogará na Estrada.
Este sábado as Preminis batiranse de maña contra o Porriño Basket Club e logo, a tarde contra o equipo da Compañía de María.
Ao mesmo tempo, esta fin de semana, as Infantis femeninas loitaran por clasificarse para o título de segunda división, na fase de ascenso. As fases serán eliminatorias de ida e volta. Este sábado as 20:00 no pavillón de Xinzo, xogaran os cuartos contra o equipo Seis do Nadal (Coia-Vigo).
Os equipos clasificados ata o de agora foron, segundo delegacións:
- A Coruña: Montovre (Oleiros) e Club Esclavas
- Arousa: CB Arxil (Pontevedra)
- Vigo: Seis do Nadal e C.B. Colexio Mariano
- Lugo: C.B Burela
- Santiago: A.D.M. Peleteiro
- Ourense: A.B Xinzo