Mirian Opazo nº 5 da lista do BNG ás Eleccións Europeas

Mirian Opazo nº 5 da lista do BNG ás Eleccións Europeas

 O BNG de Xinzo mantén a súa aura de recoñecemento posicionando a un dos seus principais activos na punta de lanza cara os comicios europeos de xuño. 

 Ana Pontón presentou ó seu equipo para que Ana Miranda revalide a súa acta de eurodeputada, que lle ten servido para poñer voz á comarca da Limia en Europa en casos tan importantes coma na loita contra a mina de feldespato do Corno do Monte ou, máis recentemente, na crítica ás políticas agrarias que afogan ó medio rural. O Bloque Nacionalista Galego apostou por incluír nun posto relevante a Mirian Opazo, a creadora audiovisual limiá e actual Responsable Local do BNG en Xinzo.

P1844694

Opazo, natural de Ganade e Escornabois, é graduada en Belas Artes na Universidade de Salamanca, onde obtivo a especialización en Audiovisuais e posteriormente, a mestría en Creación e Prácticas Artísticas. Os éxitos da promesa limiá son notables e xa ten conseguido o recoñecemento do panorama audiovisual galego con diferentes premios e proxeccións en certames coma o Festival de Cans. Activa en Galiza Nova e na Asemblea Comarcal do BNG, é ademais responsable da imaxe gráfica do Bloque en Xinzo. 


O equipo liderado por Camilo Vila xa situara a Alba Feixóo na lista do Bng ó Congreso, a Xaira Pena na lista ó Parlamento e remata esta xeira co quinto posto de Mirian Opazo na lista que encabeza Ana Miranda.