Un mes de eventos para o CMUS
Remata o curso 23-24 e os músicos queren agasallarnos co aprendido.
Outro ano mais o CMUS (Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia), como remate dos cursos do ano 23-24, ten preparado unha extensa programación de actividades en Maio e Xuño.
Case un mes enteiro de actividades, que deron inicio este venres pasado co intercambio de escenarios entre o CMUS de Xinzo e o CMUS de Verín. O venres 3 os alumnos e alumnas do CMUS de Verín viñeron a Casa da Cultura a dar un concerto, sendo a quenda do CMUS de Xinzo o xoves 16 de Maio no Auditorio Municipal de Verín.
Este ano nas actividades programadas veremos novidades. Como é o concurso "CANTA EN GALEGO A COLDPLAY" o día 24 de Maio, no que os participantes poderan entregar as súas letras creadas para a canción "Fix You" ata ese mesmo día. A Xunta tamén colaborará nesta programación o día 31 coa actividade "NO BICO UN CANTAR".
En Xuño poderemos ver: entregas de premios, as graduacións dos diferentes graos, e o mais esperado por todos, os concertos de fin de curso.
Lembrar que durante este mes levaranse a cabo as probas de acceso para os diferentes graos os dias 5,6,7,17 e 18.
E xa como remate final o día 21 de Xuño poderemos asistir ao concerto de Clausura do curso 23-24 na Praza da Música ás 20:00h.