As Junior do AB. Xinzo a polo Ouro
As xogadoras Junior do A.B Xinzo chegaron a Final da Copa Diputación.Despois de gañar os tres partidos da fase de cuartos e as semifinais.
No partido xogado na ida contra o equipo do Barco de Valdeorras, as limias gañaron por 15 puntos e no de volta disputado esta tarde volveron a gañar por 23 puntos.
Dos cinco partidos disputados ata o de agora a victoria foi delas en todos, convertindose nunhas duras rivais para o equipo que pase a final. Equipo que ainda se descoñece, xa que, mañá decidirase o pase a final entre o equipo de Carmelitas e o Allariz. Partindo como favorito o equipo de Carmelitas, porque na ida gañou por mais de 20 puntos, pero haberá que esperar a para coñecer o contrincante.
As Junior xa coñecen o que é enfrontarse a unha final, o ano pasado foron plata e este ano van a polo ouro, pero o seu adestrador Luis Miguel "O importante é que disfruten xa que chegaron o final da temporada".