SANDIÁS DEU COMEZO A UN OBRADOIRO DE COSTURA
Ten como finalidade lograr dominar o trazado dos patróns, o corte das pezas e controlar o uso das ferramentas de costura máis importantes
O pasado xoves, 25 de abril entre 18.00 h-20.00 h levouse a cabo a primeira reunión no local social do Concello de Sandiás para dar comezo ao Obradoiro de Costura que conta con 24 persoas participantes o que obrigou a organizalo en dous grupos, un os martes e o outro o xoves.
O obradoiro está animado por Geni Losada
natural da aldea de Piñeira de Arcos aínda que non vive parte do ano na Comarca
da Limia pero con moita experiencia no
asociacionismo cultural. Genita pasa nove meses ao ano na súa terra e faille moita ilusión dedicar
tempo á xente do seu concello. Os participantes porán a proba a súa
iniciativa e creatividade cos seus proxectos de patronaxe e confección. O
obradoiro está aberto a todas as idades e niveis.
Ten como finalidade lograr dominar o trazado dos patróns, o corte das pezas
e controlar o uso das ferramentas de costura máis importantes. Tamén adaptar
modelos segundo as tallas e aprender a
realizar todo tipo de arranxos e modernización de pezas.
A práctica da costura ten tamén efectos
moi beneficiosos para a persoa pois obriga a desenvolver capacidades cognitivas
variadas para a súa realización. Por exemplo, fomenta a orientación
no tempo e no espazo e a súa vez traballa a resolución creativa de problemas
que se presentan coas pezas, a atención e
a concentración na tarefa e tamén se converte nun espazo para compartir e rachar coa soidade.