A min a saúde deume dous golpes moi duros, tanto no 2012 como no 2016
Unha loitadora, ata contra o lume, no Parlamento de Galicia
Gandeira,
administrativa, hostaleira, axente forestal, bombeira rural, concelleira de
deportes e xardíns e agora Parlamentaria galga... e que tivo que sacar o carne
de moto nun mes, estudando e traballando, porque era condición para ser axente
forestal, sobre todo o que a caracteriza e o seu amplo e eterno sorriso.
Ata fai tan solo 14 meses, pouca xente coñecía a Cristina Campero como política, posto que ela nunca pensara dentro da súa traxectoria vital entrar en política, aínda que como ela declara sempre foi de dereitas, recoñecendo que tanto nas eleccións pasadas como nesta recibiu invitación de outras formacións políticas, así que vamos a tratar de coñecer a esta “novata” que en tan solo 14 meses, pasou do anonimato político a xogar na “premier”. Non ten despacho no concello, porque o seu sitio está na rúa dun lado para outro co deporte e cos seus xardíns.
Naceu nunha aldea
-Gándara, na parroquia de Lampaza, en Rairíz de Veiga. Dunha familia moi
humilde, na que a miña familia se dedicou a agricultura e gandería. O meu pai
era motobombista. Nesa aldea neste momento solo ten un veciño, miña irmá.
C: Veño
dunha aldea moi moi pequena, que actualmente so vive a miña irmá.
Despois
dos estudos no colexio de Rairiz de Veiga, bacharelato en Xinzo e varios ciclos
en Xinzo e en Ourense para despois de traballar en sitio diferentes remata
sendo axente forestal, despois de ser bombeira. Pero a anécdota mais grande
é que o meu pai non quería que ningunha das fillas acabaran no monte e acabamos
as dúas, compartindo co meu pai durante seis anos este traballo. Miña nai tiña
que estar coa pota preparada para as comidas, porque cada un dos tres viña e
marchaba a unha hora diferente.
Pero naciches alí e
vivías aquí en Xinzo?
Non,
non, vivín sempre en Gándara. Iamos ao colexio a Rairíz primeiro, ata 6º de
Primaría e despois o instituto fíxeno aquí en Xinzo. O bacharelato complicóuseme
algo e andiven de Ourense para Xinzo ata que o quitei e despois fixen un ciclo
superior.
Primeiro
empecei o de turismo, e tiven un “bache” de saúde polo que tiven que facer un
parón. Ao mesmo tempo que estaba sacando o ciclo estaba preparando as
oposicións para Garda Civil e por ese “bache” de saúde fixen un parón moi
grande iso foi ligado a outro bache máis grande, no que tiven un accidente de
tráfico, a raíz diso ese ano parei. Entón marcheime facer secretariado, o ciclo
superior. Ofrecíanme quedarme na empresa na que estaba facendo as prácticas,
era unha media xornada, nos tiñamos traballo na casa, miña nai estaba a punto
de xubilarse, entón volvín para casa.
Naquel
momento tiñamos un traballo de 200 ovellas, quedamos ao cargo miña irmá mais
eu, ela estaba estudando ao mesmo tempo, o ciclo medio de forestal, que o
compaxinaba coas ovellas. Era moito traballo para as dúas xa que meu pai
traballaba fora. E miña nai non paraba de dicirme: tes que montar un bar, porque as
ovellas non é un futuro, porque sodes rapazas novas e isto non é un futuro para
rapazas. E
colleron entre o meu pai e ela o bar, e alugaron o que era o antigo “Zascandil”
e púxenme con 22 anos de autónoma, nun pobo totalmente descoñecido para min,
Xinzo, e eu descoñecida para o pobo. Pero por sorte xa o día da inauguración
foi todo un éxito, o principio foron momentos de moitos nervios, o final era
unha nena, e a acollida que tiven de todos os veciños e veciñas de Xinzo foi
alucinante.
Pasado
un tempo como miña nai vía que me metía
tantas horas no local, xa empezou: Tes que deixalo porque así non podes seguir...
Porque había dias que facía 17 horas, había outros días que facía menos pero xa
non era so a atención o público senón o tema comercial, ir a comprar e todo iso
tocábame a min, eu facía tódalas xestións.
Iso é o que recorda
todo o mundo cando te viron na lista, quen é? E a que tiña o bar...
Púxenlle
Casa Campelo, que se chamaba daquelas.
Esa era referencia para os que non te
coñeciamos
C: Eu levaba desde os 19 anos, porque
eu empecei a traballar nos incendios con 18 anos. Estiven en SEAGA, estiven en
TAXSA, estiven en Concellos... O mesmo tempo que estaba facendo os ciclos eu
estaba traballando e aparte tiñamos as ovellas.
E dicir, curranta
total
Había
dias que me gustaría saír pero non podía ser. Si saias de festa sabías que o
día seguinte había que ir a herba.... eu xa non vivín épocas tan duras como viviu
miña irmá, porque tiñamos unha avoa enferma con demencia senil na casa ,
encamada. Eu pequena, 200 ovellas, e a vida da miña irmá e da miña nai foi moi
dura, porque meu pai estaba traballando fora.
Non
foi nada fácil tanto a vida dos meus pais como a nosa, pero nunca nos faltou de
nada. Meus pais sempre estiveron aí, quitabas o carné, un medio necesario para
o noso día a día era o carné de conducir e así o quitamos, as dúas con 18 anos,
porque era o noso medio para estar en contacto coa xente, porque alí (en
Gándara) quedaban dúas señoras maiores que xa morreron.
Nos temos a sorte de que somos dunha familia moi
grande, moi unida, porque a unión que nos temos é como se foramos un clan. Pero
era a nosa vía de escape, e si querías saír non era mellor unha bicicleta
porque estabamos a 15 km de Xinzo e necesitabas o carné de conducir.
Como era un día coas ovellas?
Pois
dependendo da época do ano quitábanse as ovellas ou unha ou dúas veces o día.
En inverno debido as poucas horas de luz pois quitábanse unha vez, na época de
verán quitábanse dúas veces, unha as 7 ou 8 da maña e as 11 ou 12 recollíanse e
as 6 ou 7 da tarde volvíanse sacar ata as 10 da noite. Eran de carne todas, non
de leite.
E
despois había as que tiñan dous años, ou tiñan un, ou tiñan tres, ou tiñan
catro; e o mellor si tiña un e non quería , outras tiñan dous e queríanos e non
podían darlle de comer, porque moitas veces tiñan mamites, entón había que ir
mirando esas cousiñas. Despois aquelo era unha xauría, porque xuntabas 200
ovellas e o mellor tiñas 300 años , imaxínate esa corte como era.
O
principio tiñamos unhas poucas cabras porque nos axudaban a cría dos años,
porque si a ovella non daba criado os años pois achegábasllos a cabra, e como a
cabra ten o leite moito mais forte... e se non pois ías trampeando, o mellor si
unha ovella tiña dous años e non os daba quitado adiante pois achegábasllo a
unha que tiña un e ías trampeando así. Despois viñan as épocas da herba, da
palla, da sega, de coller as patacas...
Montas o bar, por consello de túa nai, e cando a túa
nai che di que debes deixalo, ti que fas?
Nun
negocio non empezas a ver rentabilidade ata os 2 ou 3 anos e eu xusto estaba
nesa época, entón eu dicíalle que non. Pero un día apareceu un compañeiro, de
feito era o chico que facía a fumigación alí no bar, e levábanos moi ben e eu
estaba nas lista da Xunta de incendios.
Levaba
dende o 2011 anotada e estouche falando do 2018, e dime: Cris estas preparada,
que nos van a chamar porque correu a lista e vannos chamar, eu non o cría e de
repente recibo tres cartas certificadas, eu estaba nos distritos do Barco, en
Verín e no da Limia. Eu estaba de número 13, pero ofertábanse 21 prazas. E resulta que chegamos alí e
estabamos 60 persoas para as 21 prazas, e a xente estaba duplicada ou
triplicada, porque tu podías estar en mais dun distrito anotado, empezan a
chamar os que estaban diante de min e ían collendo prazas e chegan a min, entón
eu dixen: vou esperar a ver que pasa en
Verín, porque era por orde de distrito, entón xa me fun quitando moita xente da
lista que estaba por riba de min, tiñas as prazas numeradas de onde era cada praza,
entón eu estaba esperando o chamamento de Verín, e quedaba unha praza en Xinzo
e eu tendo un bar non me podía desprazar a Verín, así que arrisquei, eu fun a
ultima en coller praza e que quedaba para min era unha praza de suspensión de
emprego e soldo, eu pensei que estaría dous meses na praza, resultou que a praza
era dun señor que está apartado do servicio e así foi como entrei.
Como vos chamades vos?
Actualmente
bombeiros forestais, na categoría na que que entrei en 2018. Eu plantexeillo os
meus pais e miña nai dixo que deixara o bar, meu pai dixo que continuara coas dúas
cousas, a miña praza era en Bande, aínda que a brigada estaba en Xinzo, a miña
situación era un descontrol. No primeiro día que collín posesión da praza eu
traballaba as 4 da tarde en incendios, pero eu viña abrir antes o local e metíaseme
o de Xullo encima, viña Agosto e era un abafo, entón eu non daba mais, durmía 2
ou 3 horas o día, conducindo, entón decidín deixar o bar, meu pai colleu un
enfado. O 29 de Xullo deixei o bar, fixen unha festa de despedida na que me sentín
moi arroupada, e a día de hoxe sigo botando de menos o bar, tivo momentos duros
pero tivo momentos moi bonitos.
Que día te chaman para
ir nas listas ás municipais? Como foi ese día, onde estabas?
Foi
simpático, porque eu ía buscar penso para os cans a unha tenda e estaba Toni. E
Toni xa mo había dito 4 anos antes e eu nesa época acababa de deixar o bar e
dixen que non. Eu deixara o bar en Xullo do 2018 e as eleccións foron a
principios do 2019, estaba desfrutando da vida, porque a min a saúde deume dous
golpes moi duros, tanto no 2012 como no 2016, de estar entre a vida e a morte, así
mo dixeron os médicos , chegáronse a encerrar os médicos comigo na habitación
para dicirme que o mellor non saia daquela operación. A primeira foi unha
peritonite e a segunda foi unha sepsis.
Iso con vinteeeee...
Con 20
anos e con 24, foi duro
Estas preparada para
todo o que veña
Para iso
nunca estas preparada
Pero iso si que che da
recursos para afrontar cousas.... e veu Toni?
Si, e
díxome, estarías preparada para ..., entón falámolo, porque non me gustaba como
estaban indo as cousas, malas contestacións, a xente enfadada, esas cousas a
min non me gustan.
Eu
sempre fun de dereitas, tiven moitas chamadas, non só do partido de Xinzo,
senón que do meu propio concello tiven chamadas de dous partidos diferentes,
polos opostos. Xa en 2019 tiña aquí en Xinzo e en Rairíz outra proposta. E
agora en 2023 falei con Toni, quedamos a tomar un café e díxome que lle
gustaría contar comigo e así foi.
Víaste con ganas?
Si,
porque teño un traballo moi bo, que me gusta moito e non me gustaría perder a
esencia que hoxe ten Galicia. Gústame loitar por as cousas e pola xente, e
polos dereitos da xente e loito moitas veces mais polos demais que por
min. Iso foi para as municipais, un 4 de
Abril de 2023.
4 de Abril de 2023,
cando as eleccións eran en Maio
E eu
acabada de incorporarme como axente medioambiental, axente forestal, o 20 de
Marzo, estaba nun cambio, porque estando traballando de bombeira forestal eu
metinme a facer o ciclo superior de forestais, acabei na pandemia cunha nota
media dun 9, nese momento tocoume a enfermidade dun familiar, tocáronme cousas
duras nesa época. Tiven a morte dun familiar moi achegado, unha morte moi
dramática, moi dura para toda a familia e aínda así saquei o ciclo adiante
estando traballando e metinme nas listas de axente forestal, previamente tiven
que sacar o carné de moto, aínda que non me gustan nada as motos pero boteille
valor, porque é obrigatorio.
Recén chegada do traballo a semana pasada
Como che din que vas
ir nas listas ao Parlamento , no número 13 ?
O do número
13 eu non o souben nunca, entereime cando saíron as listas publicadas.
Quen che fai a
proposta? Luís Menor?
Si,
díxome Toni un día que o presidente provincial lle había pedido o meu número,
si llo podía dar, e eu aceptei, asustada porque teño tan pouca experiencia que pensei
que algo había feito mal, que me botaban do partido. E de alí a uns dias,
pasada unha semana recibo unha mensaxe de Luís Menor pedíndome que o chamara. (Escoitamos a mensaxe, que garda como un tesouro) , chameino e díxome que contaban
comigo para ir nas listas autonómicas, eu non sabia como reaccionar, quedeime
en shock. Eu díxenlle que non sabia nada de política que era novata, que non
tiña experiencia ningunha, que o meu é traballar e el díxome que estivera
tranquila que confiaban en min, que tiña moi boa reputación e que o estaba
facendo moi ben. Que non ía ir en posto de saída pero que ía formar parte da
nosa lista, e así foi. Isto foi un venres e o luns facíase publica a lista.
A min a saúde deume dous golpes moi duros, tanto no 2012 como no 2016, de estar entre a vida e a morte, así mo dixeron os médicos , chegáronse a encerrar os médicos comigo na habitación para dicirme que o mellor non saia daquela operación.
E, cando te viches?
Eu non
mo cría.
E cando te chaman para dicirche
que si, que estabas dentro do Parlamento
Primeiro
chámame Victor Baladrón (PP Verín) e dime que si que vamos a entrar, eu dígolle
que non. Tamén me chamou Xoán Anta, e cando saíron públicos os nomes todos dos
directores xerais e marchando catro deles pois aí estaba dentro.
E non houbo ninguén
que te chamara do partido?
Si,
chamoume Sandra e preguntoume si estaba preparada porque agora si que estaba na
saída, e xa nos chamaron dende Ourense para recoller a credencial pola sede e o
26 de Abril
Maña é a toma de
posesión no pleno?
Si, no pleno
Pero o outro día
fuches a firmar?
Si o día
29 de Abril , a credencial xa nos había chegado o 26 e citáronnos para unha reunión
de grupo para familiarizarnos con compañeiros, co parlamento, e como tiñamos
que ir ese luns xa entregamos a credencial.
Eu son
deputada dende ese día 29, pero os dous días seguintes fun traballar igual.
Dame moita pena deixalo, porque é un traballo no que o compañeirismo é esencial,
e iso marca moito.
Como é ese momento?
Cando vas firmar alí?
Iso foi
espectacular, iso foi un momento único, unha oportunidade única, que hai que
valorar e dar gracias por poder vivir ese momento e ser tan afortunada, porque
me sinto súper afortunada
L: Fai un ano non te coñecía
ninguén na política e mañá serás parlamentaría. Psicoloxicamente estas
preparada?
A día de
hoxe mellor que estas dúas semanas anteriores
Pois aquí remata a
charla que tivemos onte coa xa Deputada do Parlamento Galego Cristina Campero,
que como todos os que chegaron a lectura ata aquí, podemos ver que é unha
muller galega, empoderada, traballadora, familiar e do rural, ou sexa unha
digna representante do que é Galicia e que agora vai a estar 4 anos loitando
por facer unha Galicia mellor.
E o que pouca xente
sabe é que nuns meses estará presente nas pantallas dos nosos televisores posto
que é a protagonista, xunto coa súa familia dun documental dunha produtora
nórdica que gravou durante os dous últimos anos.