A CORPORACIÓN DE XINZO REXEITA UNHA MOCIÓN SOBRE A LINGUA.
O grupo municipal do BNG non recibiu o apoio de ningunha forza para que prosperase unha moción sobre a comunicación institucional.
Camilo Vila defendía na última Comisión Informativa da área de Cultura a necesidade de tomar medidas que lle permitisen á veciñanza comunicarse dun xeito pleno coa Administración local na súa propia lingua. O equipo liderado por Vila atopouse co bloqueo de Partido Popular, PSOE e Áxil, que botaron abaixo a proposta.
O grupo nacionalista vén detectando como o galego se usa cada vez menos tanto
na comunicación formal coma non formal na Casa Consistorial e en toda a
produción que emana dela malia representar a unha comunidade formada por un 90%
de galego falantes.
A moción enumeraba unha serie de eivas a corrixir antes da celebración do día
das Letras, extremo non conseguido.
Vila lamenta que “para este
Grupo de Goberno nin é prioritaria a lingua, nin a comunicación coa veciñanza,
nin sequera a propia veciñanza”.