Volve o torneo de futbol de Piñeira Seca
20:38 15/05/24
20:38 15/05/24
Aberto o periodo de inscrición
Por segundo ano, despois do éxito acadado na súa primeira edición, o club de fútbol de Piñeira Seca de Xinzo organiza o II torneo de fútbol.
Celebrarase do 21 ao 23 de xuño no campo O Touzal, campo oficial do Piñeira.
As inscricións deben realizarse no tf. 697 59 44 33. Cada equipo terá que pagar 150 € e o primeiro premio do torneo para o campión será de 1.000 €.
O prazo de inscrición remata o 10 de xuño.
A organización do torneo será do club Piñeira e conta coa colaboración do concello e a concellería de deportes de Xinzo.