Presentada a III Subida Vilar de Barrio 2024
Os días 25 e 26 de maio
Un ano máis vaise a celebrar a subida automobilística VILAR DE BARRIO puntuable para o campionato XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA.
Presentación da proba. Manolo Conde (Alcalde V. de Barrio), Jose Mª Lago (Deputado Prov), Manuel Pérez (Xefe Deportes da Xunta en Ourense ( directivo, Celos (pte) e Antonio Rg. Troitiño.(presidente Federación galega de automobilismo) .
Esta mañá no concello de Vilar de Barrio, C Cerredelo (Pte da escudería Talariño) foi o mestre de cerimonias para facer a presentación da proba que este ano terá un "sentido" especial. Celso, estivo acompañado polo presidente da Federación Galega de autombilismo , do delegado de deportes da Xunta de Galicia en Ourense, dun diputado provincial e do alcalde de Vilar de Barrio.
DO 24 AO 26
O venres 24 xa comezarán as primeiras verificacións optativas e o sábado pola mañá as verificacións oficiais, para as 14:00 comezar coa primeira manga da proba. O domingo a mañá será a segunda e definitiva manga que dará o campión nas diferentes categorías da III Subida de Barrio.
Este ano institúese un trofeo especial para o primeiro clasificado ourensá que levará o nome de " CID", membro da escudería falecido este ano. Este trofeo estará tamén dotado con 300 €.
Celso agradeceu a colaboración das entidades representadas na mesa, sen as cales, a carreira non se podería levar a cabo e como non aos patrocinadores privados.
Todos os representantes das institucións que apoian esta proba valoraron a importancia do apoio con actividades como esta para apoio do rural e tamén significaron o percorrido da proba como un dos máis bonitos de España.