Os actos de mañá trasládanse a Casa da Cultura.
Programación do Día das Letras Galegas en Xinzo
A partir das 12:30 e ata ás 19:30
A partir das 12:30 comezarán os actos do Día das Letras Galegas en Xinzo. A esa hora na Casa da Cultura daranse a coñecer os premios nos diferentes concursos literarios organizados pola concellería de Cultura e farase a entrega aos gañadores.
Ás 13:00 a escritora limiá Sabela A. Veloso fará unhas lecturas de poemas da homenaxeada neste ano Luisa Villalta e despois a parte musical estará a cargo do Cuarteto Tradicional da Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo.
Para a tarde ás 18:30 está programado o concerto da Letras Galegas da Agrupación Musical da Limia e da Coral de Sta. Mariña.
DESCONTO NA COMPRA DE LIBROS
Durante todo o día, tanto na praza Maior como nas propias librerías a compra de libros en galego terá un desconto do 10% máis outro 10% a cargo do concello de Xinzo.