Os veciños da Filgueia (Porqueira) arrouparon a Xosé L. Brea na presentación da súa novela

Os veciños da Filgueia (Porqueira) arrouparon a Xosé L. Brea na presentación da súa novela

Darche as gracias por situar a Porqueira e a os  teus veciños  da Filgueira  nesta novela (Susana Vázquez-Alcaldesa)





O centro Social da Filgueira, epicentro da novela que leva por título o mesmo nome , escrita por Xosé Lois Brea, foi tamén o escenario da súa presentación na Limia.

DSC7595

Xosé Lois Brea e Susana Vázquez 

A presentación correu a cargo da alcaldesa Susana Vázquez que ademais de felicitar ao autor da mesma, agradeceulle, como veciño, que escollera este lugar e este pobo, así como o propio edificio na trama da súa primeira novela, editada, que non escrita.

Animou aos presentes e a os poucos veciños que non estaba a que a leran, porque o mesmo que lle aconteceu a ela gozou, non solo coa trama (totalmente ficticia) se non buscando que persoas do concello podían ser cada un dos seus personaxes.

Collage

Momentos da presentación

Brea tomou despois a palabra para agradecer a todos os que acudiron a presentación e o arrouparon no acto, do cal se sentía moi orgulloso. 

Como de costume, moitos dos presentes pasaron pola mesa do escritor para que lles asinase na novela, pasando despois a degustar uns petiscos.