Non puido ser, de momento o Antela é un equipo descendido

Non puido ser, de momento o Antela é un equipo descendido

Queda como esperanza que outro equipo galego de 3ª ascenda a segunda Federación, co cal salvaríase do descenso.

O Antela, ao que non lle valía o empate, a pesar de ir por detrás no marcador durante case que todo o partido, faltando 1 minuto do tempo reglamentario logrou que das botas de Pedro Rodríguez, se puxera por diante 3-2. 

A festa dos xogadores do Antela e do moito público que asistiu ao partido foi grande. O que non se contaba era cos minutos de desconto, minutos que aproveitaron os xogadores do Choco para marcar dous goles, un deles nos últimos segundos despois de dúas paradas espectaculares do porteiro local. 

A decepción foi moi grande, dando ao traste coa permanencia en tan solo 5 minutos.

O Antela, neste momento é un equipo descendido a pesares de facer unha boa temporada. Solo queda esperar que un equipo galego da 3ª ascenda a Segunda Federación, co cal salvaría a categoría.