O estrondo do golpe e o claxon salváronlle a vida a un conductor accidentado

O estrondo do golpe e o claxon salváronlle a vida a un conductor accidentado

O coche caiu a un regato en Bande dende unha altura de 15 metros

Ás tres da tarde de hoxe na estrada 540 no termo municipal de Bande un turismo Subaru Legacy saíuse da calzada despois de chocar contra unha sinal e varios elementos de protección da calzada despenándose e caendo ao baleiro uns 15 metros ata o leito do regato "rego de Lamas" quedando logo envorcado ao lado esquerdo.

7df01b62 77e2 41d1 8d23 463e270d5e53

ESTRONDO E AVISO DOS VECIÑOS

Dende a estrada era moi difícil de ver. 

Foron os veciños os que oíron un forte estrondo e posteriormente o claxon do coche, os que avisaron ao 112 que a súa vez mandaron unha patrulla de motoristas que estaban preto do lugar. Estes baixaron ata o lugar onde se atopaba o coche e sacaron ao condutor do mesmo, con feridas leves, segundo comentan os axentes. Avisaron tamén o helicóptero do 061 que o trasladou ata o CHUO.

Se non é polos veciños, ninguén toparía o coche.




Vídeo cedido pola GC.

A patrulla que o rescatou manifestou que foi unha sorte que os veciños alertados polo ruído e o claxon avisaran ao 112. De non ser así, sería case imposible localizar o coche no barranco pola vexetación existente. Dende a estrada era moi difícil de ver.