“A árbore do pan”, do escritor e músico verinense Edelmiro Mateo en Sandiás
No marco da celebración do Día das Letras Galega,
O sábado 18 de maio, o Concello de Sandiás acolleu a presentación do libro “A árbore do Pan” do prolífico escritor, editor e músico verinés Edelmiro Mateo García. Este texto, de Edelmiro Mateo, está ilustrado, con láminas en acrílico, pintadas e deseñadas por Olimpia Seoane, unha pintora autodidacta que coa súa colaboración converteu o relato nun libro-arte.
Coma sempre, o acto convertiuse nunha
oportunidade de gozar da música en directo. O propio Edelmiro Mateo acompañado do seu acordeón en cada unha das presentacións
dos seus libros, convertiu o acto nun evento que mesturou literatura e música
así como textos leídos en voz alta.
A “Árbore do pan”, como adoitaban chamar
ao castiñeiro é unha obra que nos mergulla na vida dos soutos de castiñeiros e
nas castañas. Trátase dun eloxio ao
castiñeiro onde se recolle a memoria comunitaria fixada na madeira a través
dunha historia fabulada onde se resalta o valor ecolóxico-paisaxístico,
gastronómico, económico, etnográfico e tamén como metáfora do ciclo da vida.
Os 15 participantes no acto poderon adquirir un
exemplar do libro na mesma Casa de Cultura de Sandiás e firmado polo autor.