A limiá Mirian Opazo, no festival de curtas de CANS

A limiá Mirian Opazo, no festival de curtas de CANS

A sección oficial Furacáns proxectará  o filme “Aínda hoxe as horas”

A limiá Mirian Opazo, cineasta de Xinzo , estará un ano máis no prestixioso Festival de Cans.

A sección oficial Furacáns proxectará  o filme “Aínda hoxe as horas” que Mirian creou no último outono no Chanfaina Lab., un proxecto de creación artística no que participaron nomes coma Oliver Laxe ou Jaione Camborna.

“Aínda hoxe as horas” é unha obra que mistura o amor, a morte e a lembranza nunha sorte de carta romántica no medio natural.

Mirian O. xa conseguira situar unha peza no festival de Cans na súa última edición da que recibira a Mención Especial do Xurado coa recoñecida obra “Ningún Deus” que se enmarca no sentimento do Entroido.

A traxectoria da creadora limiá é xa recoñecida tanto no panorama galego coma estatal. Graduada en Belas Artes e cun Mestrado en Creación e Prácticas Artísticas, está a piques de iniciar o doutoramento en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, cunha tese sobre a memoria e o cinema.