Dis que din..que as festas deste ano en Xinzo van contar con orquestras de renome
16:07 22/05/24
16:07 22/05/24
O combo Dominicano estará en Xinzo
Parece ser que as festas de Sta. Mariña deste ano traerá a Xinzo a actuación do Combo Dominicado. Recordar que esta orquestra, que é unha das máis "reputadas" do panorama galego estivo na nosa vila, aló polo ano 2017.
Tamén volverá o programa de festas tipo "libro" como se facía en tempos, con publicidade, a todo color e cos saúdas do alcalde, concelleiro, etc, ademais de artigos sobre as festas, como se facía "antano". A concellería responsable, non quere adiantar nada do programa, aínda.