15 variedades de trigo están sendo estudiadas en campos de ensaio na Limia
Tamén variedades de avea para a cosmética e a restauración
De todos é coñecida a fama que ten o trigo de inverno colleitado na Limia, e para seguir sendo os mellores produtores de cereal, dende o Centro de Investigacións Agrarias de Abegondo ven experimentando con novas variedades de centeo hibrido de inverno, trigo de inverno e avea.
16 variedades de trigo de inverno
Este ano dende o centro de investigación, pasaron a
experimentar coas variedades nos campos da Limia, e hoxe un gran numero de produtores
achegáronse ata a finca de ensaios para que os técnicos lles explicaran o que
pasou ata o día de hoxe das novas variedades e as posibilidades de
implementación na Limia.
Luis Urquijo e Servando Álvarez foron os responsables de
trasladar aos agricultores os resultados achegados ata o día de hoxe e as
posibilidades de futuro.
Servando Álvarez, director Técnico do INORDE presentou os
resultados das plantacións de Avea dedicados a cosmética e a hostalaría, na que
participa tamén o restaurante con estrelas Michelin, Culler de pau.