O A.B. Xinzo segue en competicións con partidos case todos os dias
Inmersos na Copa, Fases Galegas e a liga 23/24
Inmersos na Copa, Fases Galegas e a liga 23/24
Este mes de maio, case que todos os días da semana está habendo partidos no pavillón nas distintas competicións nas que seguen os diferentes equipos da familia do A.B. Xinzo.
Este mesmo luns as infantís 2011 xogaron o seu último partido de Copa. O martes os cadetes xogaron un partido de “derbi” contra o Allariz, que se perdeu, pero seguen con posibilidades de quedar segundos e clasificarse para as semifinais.
Cadete A.B. Xinzo e Allariz.
Onte xoves eran os infantís aos que lle tocou partido entre semana, aprazado no seu día da Copa Deputación enfrontándose ao Bosco, con vitoria para os limiás sendo a segunda dos dous partidos disputados nesta competición. Xa remataron, iso si, a súa participación na liga galega.
PARTIDOS VENRES, SÁBADO E LUNS
Pero como dicimos, a competición non para e esta mesma tarde as infantís femininas desprazaranse ata Ourense para enfrontarse ao Blanco Amor en partido de liga e mañá sábado a partir das 10:30 e ata as 20:00 haberá competición para os equipos do A.B. Xinzo, a maioría deles na casa. Para rematar o luns as mini feminina 2013 e 2012 ás 20:00 xogarán entre elas un partido correspondente a Copa Deputación, para pechar unha semana completa de baloncesto.