ADEGAL reúnese coa diputada Cristina Campero Dorado
A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e apostar, potenciar e protexela
Na mañá de hoxe, ADEGAL, Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, entidade cuios fins principais son a representación, a reivindicación, a defensa e a xestión dos intereses de agricultores, gandeiros e empresarios a nivel profesional, económico e social na comarca da Limia, mantivo unha reunión coa Diputada no Parlamento de Galicia, Cristina Campero Dorado.
A Limia é unha comarca cun gran potencial agrogandeiro, e como tal, as Administracións débense implicar e apostar, potenciar e protexer a actividade de todas as explotacións agrícolas e gandeiras existentes, así como facilitar as ampliacións e o relevo xeneracional.
Entre as medidas de apoio solicitadas:
1.- PLAN INTEGRAL DE XESTIÓN DE RESIDUOS AGROGANDEIROS.
A Comarca da Limia é unha da principais comarca agrogandeiras de Galicia e a principal na provincia de Ourense. Coas súas 20.000 has de terras cultivadas e máis de 600 explotacións gandeiras produce, por unha banda, gran cantidadede estercos e xurros e por outro destríos de colleitas, residuos plásticos, big bag, pallets, etc.
Trátase de sincronizar as velocidades da agricultura e da gandeiría, o que permite xestionar adecuadamente os recursos das propias explotacións, ó mesmo tempo que se xera unha economía circular e de aproveitamento cun uso máis eficiente dos recursos, conseguindo a sotibilidade medioambiental.
Precísanse, por tanto, un punto intermedio de acopio de residuos que facilite a xestión das explotacións da bisbarra e permita poñer á Limia como referente da simbiose do sector primario.
2.- LIMPEZA DE CANAIS, RÍOS E ACONDICIONAMENTO DE PISTAS DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA.
O mal drenaxe das cunetas, dos canais secundarios e do principal, dos ríos edos regatos ocasionou danos nas infraestructuras agrarias, pistas, cortaventos, etc. que dan servicio ás fincas da concentación parcelaria, xunto co maior asolagamento das terras de cultivo por non evacuar correctamente,o que produce retrasos nas sementeiras e danos nas producións dos cultivos implantados.
3.- FACILITAR OS CAMBIOS DE USOS DE FORESTAL A AGRÍCOLA (RESTRICCIÓNS POLA Z.E.P.A.).
Actualmente, polas restriccións de Conservación da Natureza, imposibilítase o cambio de uso nos M.V.M.C. de forestal a agrícola, superficies todas elas de concentración parcelaria, que ano tras ano sufren a lacra dos incendios forestais.
4.- FLEXIBILIDADE NA P.A.C. E AXUDAS Ó CEREAL.
O ano agrícola 2023/2024, caracterizado por unha climatoloxía adversa para os cultivos tradicionais da Limia, causa graves perdas económicas para as explotacións agrícolas. Faise necesario que exista certa flexibilidade en canto ás xustificacións