Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o gañador indiscutible da Subida a Vilar de Barrio,

Jacobo Senín, aos mandos da Nova Proto, foi o gañador indiscutible da Subida a Vilar de Barrio,

 Foi a segunda proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña, celebrada este fin de semana na localidade da Limia

 Senín, cun tempo final de 3:53.619 (novo récordo do trazado incluido na última manga oficial do domingo con 1:56.364), non deu opción aos seus rivais, deixando ao segundo clasificado, Alexis Vieitez, a 19,6 segundos no cómputo xeral final da proba. No terceiro chanzo do podio desta segunda proba situouse Jesús Pombo, a 32.7 segundos. WhatsApp Image 2024 05 26 at 15.12.41 (1)

En carrozados, primeiro posto para Jorge Pérez Alonso (4:30.117), que aos mandos do Porsche 991 GT3, situouse na cuarta posición da xeral. Pérez batiuse con Javier Carballo durante toda a fin de semana, nunha das loitas máis fermosas da fin de semana. Carballo rematou a pouco máis dun segundo do vencedor da categoría. O terceiro posto foi para Manuel Senra, co Peugeot 308 TCR.

WhatsApp Image 2024 05 26 at 15.12.42 (1)

Ente os carcross, primeiro posto da clasificación para Alfonso “Pisko” Ventín. Abrahán Vázquez e Beni Porto foron segundo e terceiro clasificado, respectivamente.

 WhatsApp Image 2024 05 26 at 15.12.42

O becado da Federación Galega de Automobilismo, Mateo García, rematou a proba no cuarto posición da clase 9, reservada para carcross, nun fin de semana consistente e mellorando os seus cronos manga a manga.

 WhatsApp Image 2024 05 26 at 15.12.41 (2)

Ademáis, na competición de regularidade, victoria para Breogán Abalde e Ángel Monteagudo, por diante de Sito Cabral e José Manuel Quintas e Iván e José Antonio López.