Haberá segunda edición da LUMEADA de Trasmiras
O alcalde e a deputación comprometéronse coa continuación
A LUMEADA 2024 encheu de música a tarde en Trasmiras, seguido por moitos veciños, non solo do propio concello se non da Limia. Durante toda a tarde os diferentes grupos de música popular foron pasando polo escenario da carpa, rematando o certame a Escola de Música de Trasmiras.
Antes do fin dos concertos a organización quixo facer unha homenaxe ao gaiteiro Delfín "O RATO" de Soutelo. Emilio Pazos, alcalde de Trasmiras fixo unha pequena valoración da figura de O Rato diante da muller e dos fillos.
Emilio estivo acompañado polo deputado de Cultura da Deputación Provincial, así como do Delegado de Turismo da Xunta en Ourense e de varios alcaldes da comarca entre os que estaba Susana Vázquez de Porqueira. O presentador Pepe Seoane, natural de Trasmiras, foi o mestre de cerimonias do certame.