Nomeamento de fillo adoptivo a GPNZALO IGLESIAS SUEIRO
Presentación do acto de homenaxe a Sueiro deste sábado
Amador, Alfonso e Carlos Gómez adiantaron os pormenores do acto deste sábado día 1
Este sábado, día 1 de Xuño, dende as 11:30 horas, no Auditoiro Municipal do Concello de Xinzo de Limia, terá lugar o acto de entrega do nomeamento como fillo adoptivo do Municipio a Gonzalo Iglesias Sueiro, recoñecido mestre e pedagogo, pensador e columnista de opinión, así como histórico político ourensán.
A designación como fillo adoptivo foi aprobada por unanimidade no Plenario de Xinzo de Limia do 19 de abril pasado.
Gonzalo Iglesias Sueiro é veciño de Xinzo de Limia dende o ano 1975, onde viviu os intres máis transcendentais da vila nos últimos anos. Nesta vila exerceu, no campo da educación, unha notable e importantísima laboura, durante moitos anos, como mestre e pedagogo no Colexio Público (hoxe CEIP) “Rosalía de Castro” desta localidade. Entre o ano 1983 e o 1999 foi director do devandito centro escolar. Posteriormente sería profesor de matemáticas no IES “Lagoa de Antela”, un dos dous centros de Secundaria e Bacharelato, sitos neste Concello.
Foi diputado provincial en representación do PSde G-PSOE dende 1995 a 2005, sendo voceiro do grupo entre o ano 2001 e 2003. É salientable a súa inmensa tarefa como Delegado provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dende agosto do 2005 a abril do 2009. Foi tamén concelleiro e, dous anos, Alcalde do Concello de XInzo de Limia.
Persoa de gran cultura e coñecemento das claves xeopolíticas mundiais e viaxeiro incansable. Un claro exponente de fidelidade aos seus principios, defensor da libertade e dos dereitos humanos, divulgador de pensamento, en especial nos seus artigos de opinión no xornal “La Región” de Ourense, dende o ano 2002.
O Concello de Xinzo de Limia fai un chamado a toda a veciñanza, para acompañar ao homenaxeado e ter a oportunidade de amosar o seu cariño e agradecemento a un dos máis insignes mestres da provincia, pola súa xenerosidade, entrega e servizo á colectividade.