Xa non saben a onde acudir
Os veciños do inmoble de S.Sebastián 32 están fartos
Queren denunciar o estado de abandono da parcela situada detrás do edificio
Os veciños do edificio do nº 32 da rúa S.Sebastián xa non aguantan máis, pero o problema que teñen é que nin o SEPRONA, nin MEDIO RURAL, nin o CONCELLO lles prestan atención as súas continuas denuncias.
RATAS, RUÍDOS, POLVO, PERIGO DE INCENDIO...
Aspecto do espazo que denuncian os veciños
Os veciños denuncian, agora nos medios de comunicación que na parcela de atrás pegado ao seu edificio existe unha parcela que fai moitos anos foi autorizada polo concello para almacenar material de construción. Xa fai tempo que ese material está desparramado polo chan co perigo que iso ten de contaminación do solo, pero tamén para a cría de ratas, ademais do perigo de incendio cara o edificio, na situación en que se atopa.
Esta mediodía mantiveron unha reunión para acordar as accións que van a tomar para reverter a situación actual, comezando pola denuncia aos medios de comunicación.