Xornada de Portas Abertas no CMUS de Xinzo
20:42 30/05/24
20:42 30/05/24
"Queremos achegarnos aos máis cativos, para darnos a coñecer"
O conservatorio de música de Xinzo presentou unha nova campaña de portas abertas baixo o slogan
SE QUERES TOCAR UN INSTRUMENTO, ACHÉGATE AO CONSERVATORIO E COÑÉCENOS.
Dende o luns ata o venres, estaremos esperando a que todos aqueles que queiran vir a coñecernos e resolver as dúbidas que poidan ter.
Ademais de abrir o prazo de inscrición para o vindeiro curso a semana que ven as portas do conservatorio estarán abertas a unhas horas para que tanto os cativos como as familias coñezan o que alí se fai.
LUNS 3 de 20 a 21 h ; MARTES de 18 a a19 ; MÉRCORES de 17 a 18; XOVES de 16 a 17 e o VENRES de 16 a 17 h.