Gonzalo Sueiro, xa é fillo adoptivo de Xinzo
Recibiu a homenaxe e o cariño de todos os limiás.
O salón de actos da Casa da Cultura, escenario do acto protocolario da entrega da medalla e o diploma que o converte noutro dos fillos adoptivos de Xinzo, quedouse pequeno para recibir a todas as persoas, veciños e amigos do homenaxeado, vidos dende moitos lugares da xeografía ourensá e galega.
Foto de familia de todos os protagonistas do acto
Un máis que emocionado Gonzalo recibiu de Amador
Díaz, alcalde da vila a medalla e o diploma que o converte dende hoxe dun
dos fillos adoptivos do concello que realmente máis apoio tivo na historia de
Xinzo.
Delfín Caseiro foi o mestre de cerimonias do acto que
comezou cunha interpretación musical por parte de profesores e alumnas do conservatorio
de Xinzo para pasar logo as intervencións do alcalde e concelleiro de Cultura e
posteriormente a lectura do acordo por unanimidade do concello.
UN SOÑO DO 2050
Unha das intervencións esperadas por todos era a de Xesús
Alonso Montero, académico galego e compañeiro do PC de Sueiro dende a clandestinidade.
O escritor e catedrático non quixo facer unha laudatio ao
corrente, porque sería repetirse do que dixeran outros. Na súa intervención
relatou un soño alo polo 2050 na que uns estudantes da época vivían dúas anécdotas
na súa visita a un parque, acompañados polos seus profesores. A intervención do
académico foi longamente aplaudida polos presentes, que como se dixo,
abarrotaban o patio de butacas, entre os que se atopaban, alumnos do “maestro”
Gonzalo, compañeiros de traballo do político Gonzalo e compañeiros do partido,
do militante do PC e PSOE na súa traxectoria.
Un mundo de historias
Tomou despois a palabra o homenaxeado, moi emocionado para facer un pequeno percorrido pola súa traxectoria, primeiro como militante clandestino do PC onde coñeceu a Santiago Carrillo, e como poñente da primeira lei de educación do 70, de onde lle ven a amizade con Alonso Montero. Tamén non deixou pasar por alto o feito que por unanimidade de todos os partidos da corporación se acordase outorgar este recoñecemento a unha persoa tan rara como el.
Para rematar chegaron os saúdas en vídeo dos que non podían
estar no día de hoxe acompañando ao homenaxeado, entre os que estaba o do ex
presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño.
Os dous fillos de Gonzalo e Loa, presentes no acto, interviron
para agradecer esta distinción para seu pai e sobre todo a todos os que lanzaron
a proposta, Alfonso Lois e os do grupo de traballo nos que estiveron entre
outros, Delfín Caseiro, Lalo Pavón e Pablo García Bibanco.
Público que encheu o salón da Casa da Cultura
Como non podía ser doutra maneira o acto pechouno con todo o
público en pe o Imno galego interpretado dende o escenario por Fernando Dopico.
Rematado o acto, un por un, ou en familia, todos quixeron
pasar a saudar ao homenaxeado que non tivo máis remedio que coller unha cadeira
polo cansazo, ata que coa foto de familia de todos os que participaron dunha
maneira ou de outra, deu por finalizado o acto de nomeamento de “fillo
adoptivo” a Gonzalo Iglesias Sueiro.