Pablo Losada seguirá a ser o presidente do Antela
12:30 03/06/24
12:30 03/06/24
Ao non presentarse ningunha candidatura continuarán a maioría dos compoñentes da que durante estes últimos oito anos dirixiron os “avatares” do Antela Club de fútbol
Acompañarán nesta nova andaina como vicepresidente Juan Gómez, Belucho será o tesoureiro Carlos García secretario e cinco compoñentes máis.
A directiva, unha vez reconfirmada a súa continuidade tomou as primeiras decisións de cara ao futuro entre as que está a rescisión do contrato co adestrador Sabucedo e con Lameiras, aos que lle agradecen o traballo feito co equipo esperando que volvan a cruzarse os camiños nos vindeiros anos.