O Obispo de Ourense oficia unha misa en Xinzo polas vitimas de accidentes de tráfico
"Esta celebración ten que axudarnos a cada un de nos a sensibilizarnos sobretodo dende a perspectiva da fe" Don José Leonardo Lemos
Esta tarde, na misa das 8 na Igrexa Nova, celebrouse a "IX xornada enxugar as bagoas". A misa oficiada polo señor bispo José Leonardo Lemos Montanet, era para acompañar as familias e vítimas de accidentes de tráfico. As misas lévanse a cabo varias veces o ano nas diferentes parroquias da provincia.
O delegado Pastoral da carreteira, Fernando Castro foi un dos participantes nos actos.
Fernando é policía local en Verín, e a súa historia de vida esta moi relacionada con esta iniciativa, xa que cando tiña 3 anos perdeu o seu pai nun accidente de tráfico, feito que marcou a súa vida e a da súa familia. Isto provocou nel un desexo de formarse en seguridade vial dende cativo, por iso se fixo policía local. Coa súa experiencia e formación imparte charlas en colexios e parroquias. Charlas polas que obtivo varios recoñecementos nacionais e internacionais.
No ano 2018, o bispo Don Leonardo Lemos, propúxolle ser responsable do departamento da Pastoral da Carreteira. Cargo que aceptou encantado porque así pode aportar a seu gran de area.
"O que queremos é amosar a cercanía da igrexa coas vítimas dos accidentes de tráfico, porque é unha lacra e a xente sofre moito", di o delegado Fernando Castro. Por iso, cada vez que ten algunha noticia sobre un accidente fatal de tráfico, intenta ir dar o pésame acompañado dun sacerdote.
O acto litúrxico tamén asistiron o alcalde, Amador Díaz, o concelleira de Servizos Socias, Mª Ángeles Martínez e o concelleiro de urbanismo e mobilidade, Moncho Gómez.
Declaracións en exclusiva do Bispo Don Leonardo para DendeaLimia