Volven os "xoves de tapas en Xinzo"
Despois do éxito acadado na primeira edición, este mes máis establecementos
A Asociación de Hostaleiros da Limia volverá a celebrar os xoves das tapiñas logo de ter repartido máis de 600 cartóns e ter dado máis de 3.000 pinchos.
Na anterior edición, que arrancaba o xa pasado 27 de abril, onde participaron 13 locais do Concello de Xinzo de Limia, repartíronse máis de 600 cartóns de participación entre os clientes dos establecementos.
Así mesmo déronse máis de 3.000 pinchos ó longo do mes entre
todos os locais participantes sendo motivo para repetir
esta acción unha vez máis.
Sen dúbida e como esperaban os
hostaleiros da Asociación, a resposta das veciñas e veciños desta iniciativa tivo unha gran acollida e polo tanto,
co gallo de incentivar de novo á participación sortearase un vale de 200 € para compra no comercio local.
As bases seguirán sendo as mesas que na anterior edición, onde as tapiñas terán un custe de 2 € por unidade sendo os xoves, dende o 6 ó 27 de xuño, de 19:00 a 22:30 h. o horario no que se elaboren as tapas.
De novo, os cartóns serán recollidos polos propios establecementos e sortearase o premio unha vez finalice a edición en curso.
Dende a AHL convidamos a todos as veciñas
e veciños do Concello a seguir participando nesta
iniciativa, así como a calquera persoa de fóra, creando tecido e mellorando a
calidade da nosa hostalaría.
Sen dúbida,
a hostalaría de Xinzo segue
viva.