Este sábado os "camiñantes" chegarán a Santiago
21:55 06/06/24
21:55 06/06/24
17 Km os separan da Praza do Obradoiro
Os preto de 50 camiñantes que comezaron o camiño en Xinzo, tendo que facer a primeira das etapas con chuvia, van a ter o mesmo tempo para finalizalo. As previsións meteorolóxicos apuntan a abundantes choivas.
O percorrido que lles queda é de Outeiro, localidade á que chegaron o pasado domingo despois de percorrer 24 km dende Silleda con moito sol e algunha que outra costa sen arboreda que mitigara os calores do camiño.
Instantáneas da pasada etapa
Este sábado sairán de Outeiro, dirección Santiago a onde chegarán pasado o mediodía, hora da misa do peregrino, co que terán que esperar ata as as sete do serán para escoitar a misa e así cumprir cun dos requisitos esenciais para gañar a "Compostela".