Os pre mini masculino do A.B. Xinzo, campións de copa
Gañaron a final en Monforte ante o Lemos 17-30
Esta tarde os pre-mini 2014 do A.B. Xinzo desprazáronse ata Monforte para disputar a final da Copa contra o Lemos. Os dous equipos, despois de xogar unha liga de 5 partidos chegaron con 5 vitorias, pero na final, o equipo de Xinzo alzouse coa medalla de ouro da competición que lle será entregada o domingo en Xinzo despois de rematar as outras finais que se celebrarán o domingo pola mañá.
PREMINI MIXTO TAMÉN XOGARÁ A FINAL
Unha das outras finais que se xogarán este domingo pola mañá será o equipo premini mixto que terá que enfrontarse en Xinzo ao Maside, tendo xa conseguida a medalla de prata.
Foto familia equipos premini e infantil
Pola tarde o equipo Sénior feminino terá que viaxar ata Ourense para disputar a final, tamén, contra o Depordima, polo que entre hoxe e o fin de semana os equipos de Xinzo colgarán tres medallas no seu palmarés, unha xa de ouro e as outras dúas xa se verá si son de ouro ou de prata.