Os peregrinos xa están de volta coa "Compostela" na man

Os peregrinos xa están de volta coa "Compostela" na man

Recolleron a credencial despois de comer en  S. Martiño Pinario

Hoxe tocaba madrugar para facer os últimos 17 km da ruta da Plata para os máis de 50 camiñantes da Limia que encomezaron o percorrido por etapas no mes de maio.

D9858ba6 78be 4057 9001 b2ad7308ccbe 01


Aínda que as previsións daban moita choiva, tan solo nos primeiros quilómetros caeu unha pouca, que segundo eles mesmos, case que non mollaba.

Chegada a praza da catedral, houbo aínda tempo para descansar antes de comer en S.Martiño Pinario para despois da comida recoller a COMPOSTA.

Despois máis descanso para asistir a misa do Peregrino da tarde, e unha vez rematada a mesma coller o autobús, que aínda neste momento os trae de volta para Xinzo.

Cats SANTIAGO 1