O Antela quixo despedir a tempada cos xogadores e as familias
22:15 08/06/24
22:15 08/06/24
O porco retrasouse de hora, pero o coiro seica estaba moi bo
O Antela quixo despedir esta tempada 23/24 cunha comida para xogadores de todos os equipos do club, así como familiares que quixeron estar presentes.
Todo estaba preparado para as dúas do serán, pero por un erro de horario internacional, o porco non chegou ata pasada esa hora e houbo que ir matando a fame coa empanada, as tortillas e o coiro do porco, que segundo os catadores estaba moi bo. Suponse que influiu a fame que tiñan. O resto do porco non chegou ata preto das 4.
Tamén estiveron presentes os novos compoñentes da xunta directiva, loxicamente cos veteranos.