Homenaxe ás primeiras enfermeiras formadas en Ourense fai 50 anos
11:03 09/06/24
11:03 09/06/24
“Ourense está en débeda con aquelas 40 mulleres pioneiras que se matricularon hai 50 anos na Escola de Enfermaría da Deputación”-Luis Menor
O presidente provincial, Luis Menor, participou hoxe no acto de conmemoración do 50º aniversario da primeira promoción da Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios (A.T.S), ubicada no primeiro pavillón do Hospital Provincial e vinculada daquela no aspecto docente á Universidade de Santiago e no económico e administrativo á Deputación Provincial.
Luis Menor destacou que esta
efeméride conta cunha importancia destacada na recente historia de Ourense, “pois
estamos a falar dunha profesión, a da Enfermaría, íntimamente ligada coa
provincia, con enormes méritos e un carácter pioneiro no último medio século”,
sinalou, ao tempo que reivindicou que “Ourense está en débeda con aquelas 40
mulleres que abriron ese camiño”.