A xove orquestra Orensanía estrea en Xinzo "Emocións Sonoras"
11:19 11/06/24
11:19 11/06/24
O Amor
Unha mirada ás experiencias do corazón
A Xove Orquestra Ourensanía estrea o vindeiro 4 de Xullo, na igrexa de Santa Mariña, "EMOCIÓNS SONORAS, Unha mirada ás experiencias do corazón".
Un proxecto financiado pola Excma. Deputación de Ourense e a Agrupación Musical da Limia.
A Xove Orquestra Ourensanía é a primeira orquestra sinfónica de Ourense, dirixida por José Luís Tielas e conformada por arredor de 50 músicos. Esta dentro da programación cultural da provincia.
A orquestra creada o ano pasado, intentou xurdir no 2020, pero por mor da pandemia tivo que demorarse. O seu debut, foi o grande, nos premios Mestre Mateo, celebrados o ano pasado.
Datas das actuacións:
• 4 de xullo, 20:30 h na Igrexa de Santa Mariña (
Xinzo de Limia)

- 5 de xullo, 20:30 h na Igrexa de Santa Eufemia (
Ourense)

- 6 de xullo, 20:30 h na Igrexa de San Domingos (
Ribadavia)

Dirixida por José Luís Tielas Santiago, contara co Orfeón do Carballiño e o Coro de Voces Brancas.