​“ALMA”, A 3ª PRODUCION DE JAVIER SANTANA

​“ALMA”, A 3ª PRODUCION DE JAVIER SANTANA

Este sábado, o limián comezara a gravar en Pontevedra baixo o nome da Asociación Xuvenil Mómaro.

WhatsApp Image 2024 06 12 at 11.08.21A curtametraxe dramática e de carácter intimista “Alma”, manifesta a insatisfacción da xuventude e a propia conexión con outras persoas cando un se sinte perdido. É unha reflexión visual onde a psicoloxía xogará un papel fundamental. O reparto está formado completamente por mulleres, entre elas Mayka Braña. Recoñecida no panorama audiovisual galego e nacional por series como “Libro de familia”, “Pazo de familia” ou “Servir y proteger”. Tamén a modelo de sete anos Lara González, natural de Vigo, cunha importante traxectoria no mundo da moda, participará no proxecto.Entre as máis de dez localizacións encóntrase o Pazo de Lourizán unha edificación do século XV, o Convento de San Francisco, o Museo de Pontevedra ou o casco histórico da cidade.


A organización sen ánimo de lucro está constituída dende hai un ano por dez membros das catro provincias. Javier forma parte dela. O seu principal obxectivo é crear e organizar eventos ademais de producir obras audiovisuais con carácter legal. Paralelamente pretenden asentar unha marca, a marca Mómaro. “Estamos abertos a todo tipo de propostas, dende spots publicitarios para redes, eventos ou producións cinematográficas”, afirma. Dende o mes de xullo do ano pasado encóntranse en fase de preprodución deste novo proxecto.

Tras os seus estudos no IES Cidade de Antioquía, decidiu estudar o FP Superior de Produción Audiovisuais e Espectáculos en Ourense no CIFP A Farixa. Paralelamente introduciuse no panorama audiovisual como produtor coa serie web Os Tempos Mortos do Führer. Proxecto que chegara a América Latina e tivera a súa propia estrea na Casa da Cultura en Xinzo en 2021. Nese mesmo ano outorgáronlle o Premio Extraordinario de FP por obter a mellor puntuación en Imaxe e Son en Galicia. A súa segunda produción, “Uxía” chegaría en 2023 coa selección no “Fas Muvis. Límite 48h” do OUFF. Actualmente encóntrase no terceiro ano do Grao de Comunicación en Pontevedra.

Javier S. na entrega de Premios Extraordinarios co director de A Farixa