FESTIVAL FIN DE CURSO 23- 24
No presente curso 23-24 o Conservatorio ten no seu Calendario Escolar diversas actividades programadas ó longo do curso, con obxectivos non só pedagóxicos para os nosos rapaces, se non tamén para fomentar a música entre o propio alumnado e a propia vila.
Entre elas atópase o Festival de Fin de Curso que se organiza en Xuño con motivo do remate do curso escolar. Dito Festival está composto por 3 concertos:
O Concerto de Grao Elemental, que correrá a cargo do alumnado máis novel, no cal tamén se fará o Acto de Graduación dos rapaces que rematan este ciclo no 4º Curso de dito grao. Celebrarase o Xoves 13 ás 20:00 h. no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.
O Concerto de Grao Profesional, a cargo do alumnado máis veterano onde tamén se celebrará o Acto de Graduación dos alumnos e alumnas que rematan o seu camiño no noso conservatorio. Nesta ocasión o concerto será o Venres 14 ás 20:00 h no Auditorio “Ángel Cocho” da Casa de Cultura de Xinzo de Limia.
Para rematar o terceiro dos concertos celebrarase na rúa, se o tempo nos acompaña, concretamente na nosa Praza da Música o día 21 de Xuño, xa que reuniremos a todo o alumnado do centro, dende os máis cativos da casa, Música e Movemento, Iniciación Musical, ata os ensembles máis numerosos como son a banda do Conservatorio. Así mesmo tamén se fará entrega dos Títulos de Grao Profesional da promoción graduada no curso 21/22.
Nos 3 concertos escoitaremos repertorio moi variado, clásico, bandas sonoras, música popular... de seguro serán concertos do gusto de todo o público asistente. Despois dun longo ano de estudo, exames e moitas actividades, celebramos este Festival que con tanto esforzo e entusiasmo estase a preparar por todo o alumnado, baixo a dirección dos profesores: Esmeralda Marra López, Jesús Dopazo Amorín, Elena Domínguez Rodríguez, Ma José Rodríguez Carrera, Eliseo Penín Rodríguez, Roberto Seara Abad, Nieves Llopis Tormo, Alejandro Martínez Ares e Cristina Vázquez Canal.