Encontro Anual das Escolas de Fronteira

Encontro Anual das Escolas de Fronteira

Xinzo de Limia acolle o 13 e 14 de xuño, promovido por a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, o ENCONTRO ANUAL DAS ESCOLAS DE FRONTEIRA, un proxecto no que participan centros educativos de España e Portugal, desde Estremadura a Galicia pasando por Castela León.

Esta convención que reúne a mais de 95 docentes celébrase na capital Antelana en virtude do acordo acadado entre a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación educativa, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, coa Concelleira de Educación e Cultura do Concello de Xinzo de Limia, polas múltiples actividades que dende o Concello e dende os Centros educativos deste municipio véñense desenvolvendo coas comunidades educativas do país veciño.

O obxectivo xeral do proxecto Escolas de Fronteira é promover a cooperación entre España e Portugal no desenvolvemento educativo, social e económico dos territorios de fronteira a través da creación dunha rede de escolas que proporcionen ás poboacións que viven nestas rexións unha educación de calidade, que inclúa coñecementos e habilidades asociadas ao bilingüismo e a interculturalidade relevantes para a cidadanía.  a continuación dos estudos e a empregabilidade en ámbolos dous países. Terá unha duración de catro anos, renovables polo mesmo período de tempo, mediante avaliación e acordo entre os países e comunidades implicadas.

A inclusión e a valorización da diversidade lingüística e cultural na educación son principios que orientan o proxecto e xustifican o desenvolvemento de prácticas pedagóxicas e didácticas plurilingües e interculturais, reforzadas pola capacitación e a formación continua dos profesores.