Fin da tempada oficial no A.B. Xinzo

Fin da tempada oficial no A.B. Xinzo

Un fin de semana moi axetreado, pero dende o club seguen a traballar para seguir aumentando. O verán presentase cargado de actividades para todas as categorías.

O venres, os preinfantil 2011 perderon na semifinal contra o Blanco Amor, polo que non se puideron clasificar para a final deste domingo. Este foi o ultimo partido de Alex Traveso, selección galega infantil, selección galega Mini, que foi convocado pola Federación Española.

WhatsApp Image 2024 06 16 at 22.17.15 (2)

Alex Traveso dará un paso adiante na súa formación baloncestística e a vindeira tempada xogará no Club Obradoiro (Santiago)

O sábado xogouse o último partido da tempada para os seniors, que xogaron en vigo nun partido sen transcendencia xa que tiñan o 6º posto asegurado, aínda que a semana que ven xogarán outra xornada,  iso non variará esta posición. O 6º lugar daralles unha praza, outro ano mais, na segunda división.

WhatsApp Image 2024 06 16 at 22.17.14


Xa para rematar o domingo foi a entrega de medallas da Copa Deputación , para as categorias infantil e  cadetes junior,  onde as Junior Feminino recolleron a súa medalla e copa como subcampeoas de Copa Deputación 2024, case un mes despois de xogar a final.

WhatsApp Image 2024 06 16 at 22.17.15 (3)

WhatsApp Image 2024 06 16 at 22.17.15

Ademáis de todo isto, este fin de semana de remate de tempada oficial, seis futuros adestradores do Club A.B.Xinzo están sacándose o título de adestrador/adestradora no Paco Paz. Eles son: Brandan, Carlos, Cris, Jorge, Lucía e Luís. Porque dende o A.B.Xinzo queren seguir crecendo, para que o club medre teñen que ter adestradores e niso están traballando.




Para a vindeira semana, a axenda volve estar completa, terán o Clinic de adestradores , o Torneo Vilas e o Campus de fin de Tempada, ademais de moitas outras cousas que terán lugar ao longo do verán.