​Xinzo repartirá 400 trampas contra velutinas

​Xinzo repartirá 400 trampas contra velutinas

A iniciativa conta coa colaboración da Policía Local e da Protección Civil.

As veciñas e veciños poderán notificar a presenza de niños de velutina directamente á Policía Local.

Nun esforzo pioneiro, o Concello de Xinzo de Limia implementará un ambicioso plan destinado a combater a invasión da avespa asiática (vespa velutina), marcando un paso significativo na protección da biodiversidade e na prevención de pragas. O anuncio deste plan contou coa participación de Amador Díaz, alcalde de Xinzo, José Manuel Estévez, inspector xefe da Policía Local e Moncho Gómez, concelleiro responsable da área.

IMG 3154

A iniciativa inclúe o uso dun fusil especial deseñado para disparar proxectís que inutilizan os niños de avespas de forma segura e eficaz. Adicionalmente, o Concello iniciou a distribución de 400 trampas selectivas impresas en 3D, que se poden instalar facilmente en botellas de plástico, fomentando a participación cidadá no autocontrol deste tipo de pragas. Estas trampas encheranse cun atraente caseiro, composto por auga, azucre e levadura fresca, unha combinación deseñada para ser efectiva e accesible. A distribución das mesmas farase a través da Policía Local, empregando o servizo móbil de Atención ó Cidadán, con rutas preestablecidas a tódolos lugares e núcleos do rural de Xinzo.

WhatsApp Image 2024 06 17 at 13.27.40

Este plan, que problemática específica das velutinas, inscríbese dentro dun marco máis amplo de esforzos do concello para prever e controlar calquera tipo de pragas que poidan afectar a nosa comunidade e ecosistemas. As veciñas e veciños do Concello poderán notificar a presenza de niños de velutina na Policía Local de Xinzo, para que poidan acudir axentes ou membros da Protección Civil, que tamén colabora no plan anti velutinas.

Captura de pantalla 2024 06 17 a las 11.11.53