Pictogramas do CEIP Rosalía de Castro en Trasmiras
Esta mañá os alumnos e alumnas de 5º de Primaría do CEIP Rosalía de Castro foron de visita a Trasmiras a colocar os pictogramas nos espazos e locais municipais de uso público.
Dentro do programa de Innovación Educativa CP-Inclúe da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, o alumnado de quinto de Educación Primaria do CEIP Rosalía de Castro colaborou na colocación de distintos pictogramas nos edificios públicos e nos parques do Concello de Trasmiras.
Foron as propias nenas desta vila, xa que moitos dos alumnos e alumnas son centro pertencen ao concello de Trasmiras, as que localizaron os distintos espazos e edificios nos que se ían colocar os pictogramas e o resto das súas compañeiras/os participaron hoxe na súa instalación.
En breves días, o centro educativo procederá a xeolocalizar dentro da páxina web de ARASAAC ao Concello de Trasmiras, pasando a ser o terceiro concello inclusivo da provincia de Ourense. Como xa habian feito antes co concello de Xinzo.
Dende o centro agradecen ao Concello de Transmiras, en especial ao seu alcalde, Emilio J. Pazos Ojea e ao persoal da Brigada de Obras, por darlles todas as facilidades para levar a cabo este proxecto.
O uso de pictogramas ten como obxectivo a inclusión e facilitar o día a día das persoas de calquera idade con necesidades especiais.