O sábado 29

Mirar as estrelas dende o Larouco en Baltar

Mirar as estrelas dende o Larouco en Baltar

O club Parapente de Baltar organiza unha noite astrolóxica

127

Dentro do ciclo de actividades OS MESES DO LAROUCO, o Club Parapente Baltar, en colaboración co Concello de Baltar e a plataforma Stop Eólicos A Limia Xurés Celanova, terá lugar o sábado 29 de xuño, a partir das 22,00 horas, ASTROLAROUCO 2024, unha xornada de observación astronómica guiada por un experto, que ofrecerá as explicacións dos astros que dende o alto da Serra do Larouco poderanse observar tanto a simple vista como con telescopio.


PRAZAS LIMITADAS

Para poder facer unha boa observación e ter unha boa información, as prazas limítanse a 30 persoas, a un precio de 10 €.  A inscripción debe facerse no correo club.parapente.baltar@gmail.com

Os menores terán que ir acompañados por un titor que tamén ten que inscribirse.