Calvos e Entrímo únense para o desenrolo dun programa europeo

Cristina Salgado, Presidenta da Asociación de Mulleres de Calvos de Randin Raiña da Picota e Elisa Martinez, tesorera, Sonia Baraja vocal Aquilino Valencia, Cesáreo González, José Manuel Fernández. Alcalde e concelleiros
Calvos e Entrímo únense para o desenrolo dun programa europeo

 Os concellos de Entrimo e Calvos de Randín unidos para a exucución do programa Pura Santos , cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo

 O Alcalde de Calvos de Randín, Aquilino Valencia, presentou no Salón de

Plenos o Programa Pura Santos, programa para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero que solicitou conxuntamente co Concello de Entrimo á Consellería de emprego e igualdade e ó Fondo Social Europeo.

O nome do Programa honra á unha das mestras máis queridas da Escola de Santa María A Real de Entrimo que deixou profunda pegada nas súas alumnas e alumnos e que foi unha gran divulgadora dos recursos naturais e etnográficos da zona, por iso o Museo Municipal leva o seu nome. En ámbolos dous Concellos celebran con este Programa o impacto que na sociedade rural deixan as mulleres a pesar das desigualdades existentes

O programa consta de Asistencia Psicolóxica e Xurídica gratuita,

personalizada, presencial e online, con profesionales especializadas en psicoloxía e dereito con perspectiva de xénero. Ás consultas poderán acudir mulleres e outras persoas que de elas dependan. Realizarase a demanda, con cita previa.

Outra parte consta de cursos de formación en igualdade e autoestima, absolutamente imprescindibles para coñecer a historia das mulleres, recoñecer os dereitos e así poder reclamalos.

Haberá tamén cursos para fomentar as habilidades e competencias laboráis, personais e profesionais das mulleres, co fin de elaborar itinerarios profesionais e formación en empoderamento

Ofrecerase, ademáis, unha escola de benestar na que se tratarán temas como a alimentación sanadora, os autocoidados, a concentración, a menopausia… todo co fin de mellorar a vida das mulleres e nenas dos dous concellos, sin olvidar a violencia de xénero proporcionando ferramentas para recoñecela e previla.