Toda unha vida dedicada ao concello de Sandiás

Toda unha vida dedicada ao concello de Sandiás

 XABIER MARIA CABRERA XUBÍLASE TRAS 40 ANOS NO CONCELLO DE SANDIÁS

  Natural de Vilariño das Poldras, Xavier Cabrera empezou a traballar no concello no ano 1984 no Rexistro Civil. 35 anos no Rexistro Civil do concello e 5 anos encargado de obras.

Foto 1..portada

Cando un traballo se fai por vocación é menos traballo e iso é o que se demostra tamén cando desfrutas do teu labor fronte o público. Así o fixo Xabier no día a día en Sandiás. Agora tócalle descansar e desfrutar da vida. Xabier agradece a todos os compañeir@s na casa do Concello que lle facilitaron o traballo e tamén a todos os veciñ@s do Concello de Sandiás. No nome do Concello, traballadores e veciños, o alcalde Felipe Traveso agradeceu os corenta anos de traballo encomiando o seu labor e a súa fidelidade, contando incluso algunhas anécdotas curiosas do seu periplo vital.

Ata este momento, despois dunha longa traxectoria, el atendeu aos demáis con moita tranquilidade e sendo moi sociable coa xente e agora tocalle coidarse e consentirse a se mesmo. E nós coa súa testemuña quedámonos coa máxima de que un traballo é menos traballo se fas o que che gusta.

A corporación e traballadores do Concello de Sandiás agradécelle os seus longos anos de traballo realizado con mimo e competencia e deséxalle o mellor na súa nova etapa da súa vida persoal.