As olimpiadas entre pobos da Limia XA ESTÁN EIQUÍ!
19:22 18/06/24
19:22 18/06/24
3ª Edición das Olimpiadas Rurais
As Olimpiadas Rurais da Limia volven un ano máis.
É a terceira edición dun evento organizado polas rapazas e rapaces do Colectivo Ras, coa colaboración con clubes e entidades sociais da comarca convidan a reunirse nunha xornada vibrante chea de risas, deporte e agarimo a todas as veciñas e veciños da vila de Xinzo así coma de todas as aldeas da comarca da Limia.
Como vén sendo xa costume, as Olimpiadas celebráranse previsiblemente na alameda do Toural, ao longo do río Limia, o día 7 de setembro. A xornada durará todo o día, dende a mañá ata o fin do serán, recollendo probas de todo tipo con lanzamentos, carreiras, relevos, tamén habberá música, premios, petiscos e algunha sorpresa que outra...Forma o teu equipo e ven a desfrutar dun día inesquecible!