"Por fin xa estamos traballando sobre o terreo"-Asunción Morgade

Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz de Veiga
"Por fin xa estamos traballando sobre o terreo"-Asunción Morgade

Pero avisa que os que non as teñan claras, ou non poidan agora entrar nelas pola súa vexetación, que non se preocupen.A partir de rematar esta primeira fase exporanse os planos no concello e os técnicos recibirán a todos os propietarios, segundo os datos do catastro para a identificación total. Información diariaCada día os técnicos irán subindo os datos referenciais das fincas día a día e poderanse ir comprobando na dirección seguinte:https://drive.google.com/file/d/1mOe32NtT0bN6Msm7Ta_D0kUonq7gSgln/viewAsí mesmo poderán consultar datos da situación das parcelas na direcións seguinte:https://ovmediorural.xunta.gal/sites/w_ovmru/files/publicacions_concentracion_parcelaria/planos/rairiz_de_veiga/Perimetro-Decreto.pdf.Todo isto é un avance tanto para agricultores como gandeiros, afirma Asunción.

Onte luns, os técnicos da empresa encargada pola administración xa están traballando sobre as  700 Ha que conforman a Concentración Parcelaria de Rairiz de Veiga, correspondente a parroquia de Rairiz, exceptuando as que están na zona ZEPA.

Asunción Morgade, alcaldesa de Rairiz, síntese moi satisfeita, pois despois dos anos que está esperando a que chegara este momento, xa é unha realidade.

1ª Fase-Levantamento topográfico

Perímetro concentración Rairiz   copia

Plano delimitado da zona de concentración

Os primeiros traballos para levar a bo fin a concentración son os de levantamento topográfico que Asunción espera que leven uns 3 meses. Recomenda que os veciños que xa teñan localizadas as súas fincas as sinalen con estacas. Pero avisa que os que non as teñan claras, ou non poidan agora entrar nelas pola súa vexetación, que non se preocupen.

A partir de rematar esta primeira fase exporanse os planos no concello e os técnicos recibirán a todos os propietarios, segundo os datos do catastro para a identificación total. 

Información diaria

Cada día os técnicos irán subindo os datos referenciais das fincas día a día e poderanse ir comprobando na dirección seguinte:

https://drive.google.com/file/d/1mOe32NtT0bN6Msm7Ta_D0kUonq7gSgln/view

Así mesmo poderán consultar datos da situación das parcelas na direcións seguinte:

https://ovmediorural.xunta.gal/sites/w_ovmru/files/publicacions_concentracion_parcelaria/planos/rairiz_de_veiga/Perimetro-Decreto.pdf.

Todo isto é un avance tanto para agricultores como gandeiros, afirma Asunción. Desta maneira moitas terras que están abandonadas, poderanse explotar, ou ben alugar ou vender.