Novo abrazo ao rio Limia un ano máis en Xinzo, e van 12

Abrazo ao rio Limkia-Lima en Xinzo 2024
Novo abrazo ao rio Limia un ano máis en Xinzo, e van 12

O alumnado dos ceips de Xinzo, Rosalia de Castro e Carlos Casares, xunto cos de CE das Lagoas e EB! de Ponte de Limia escenificaron un ano máis o abrazo ao río que une Xinzo e Ponte de Limia.

Comezaron os actos coa recepción do alumnado e as autoridades a carón do rio. Primeiro tomaron a palabra os representantes dos centros, así como a representación política dos concellos participantes.

Abrazo 1

Todos os rapeces e rapazas dos catro centros atopábanse tamén a beira do rio escoitando ata que chegou o momento da música, neste caso pola banda C de Escola de Gaitas de Xinzo.

Abrazo 2

Abrazo 4

A segunda parte do acto constituiu a prantación por catro representantes do alumnado dos centros no parque que leva o nome de "abrazo ao rio". Abrazo 5

Rematada a prantación todos os presentes fóronse colocando arredor do rio e nas pontes. Neste momento uníronse os mais cativos do Rosalía de Castro para collidos da man, rodear e dar o abrazo simbólico ao rio que une os dous pobos irmáns, Xinzo de Limia e Ponte de Lima. 



 DSC2908

 DSC2916

 DSC2910

 DSC2923

 DSC2935

 DSC2931

 DSC2925

 DSC2928

 DSC2958

 DSC2938

 DSC2943

 DSC2946

Rematado este acto principal o alumnado dos sous centros terá unha comida e continuarán o día visitando o nacemento do rio e despois visitarán o Museo do Entroido, e desta maneira esperar ao outono para devolver a visita e facer o mesmo en Ponte de Limia.